15/7/14

Valentina... [Empatías y adherencias]



















Joe Cocker: Con un poco de ayuda de Mis Amigos

Berros Pedriceiros I :  
[Eiquí en castelán]


Dende e por enriba, ao limes da rocha mostrábase avegosa e cunha sensazón de paz que daba gosto.

Derixindo os pasos de legos e estranhas que atendían as súas instrucións con ilusión de facer cume no Yelmo.
Esta fausta e miúda, dotada dun cálido timbre de voz, contábanos canta era o devezo por isa arelada rocha, fóra da acostumada subida...na súa vida. Coma se dunha rapaza tratásese, ela que xa andou o seu, daba razoables e tenras voces de azo coa delicadeza que calquera entendido en materia fixese cos seus alumnos. As mozas que a beira da diaclasa achegáronse temían perder a paisaxe e horizón que hai metros máis enriba. Incluso o vento maino que sen ser recho hoxe era como de gris marinha, aínda que sen auga.
Nin curta nin fastía voltaba coa súa miudede, contra tuda ortodoxia, nos adentros da grande fenda que , produto de, penso eu, súpeta soltura e seguridade dáballe, agora, a súa madureza sumada a esa arela férrea de quen caminha antepondo a tudo un sorriso.
Tiven a fertuna, sendo o menor, de escomezar o arranque no diedro, na físgoa bavaresa do bloque descedido e lembrándome deles ir soltando corda pro intre, por longo treito falando comigo mesmo. Subidos xa, xuntos e sen separarnos, tomou il o seguinte paso e arrodeando pola dereita o bloque que tanto amola apertou dentes e colocando mans e dedos apurou o segundo tramo. Pasaron decontado, sen capelexar inda... Bohome tamén. 

Ínterim, suponho por peso ou motivo impreciso, precisei dese cabo branco pra non deixarme o corpo estragado....[na rocha namorado.]
Ao terceiro chegou axinha e despois de tres intentos tinha tan desacostumados os músculos que, os meus - como xa dixen- máis lixeiros e afoutos, sen esas cambras polo cansazo lanceime a unha parolada entre os meus rozamentos, a rocha e voces onde lle fun dando tento ata chegar á súa outra face maldita.
Tirei de fío. Subimos tudos, outra vez detrás; é condición de ser o menor, eles non.
Boureando acima:
O contacto das olas ou cazolas, eses pans duros que polo frío ou o sol énchense e completan erosións amosando adherencias sólidas, dá luar a unha tarefa chea de espontáneos e emotivos apreixos. Sentimentos que pardurarán na mamoria ao pisar o vértice xeodésico e sorrir vendo o horizonte das Torres máis enrriba, das torres de Madrí máis enbaixo.d:D´


The Beatles: Let It Be

2 comentarios:

  1. Boa música, boas letras que contan de esforzos e ledicias que non coñezo, pero si adiviño o satisfactorios que debe ser acadar obxectivos.
    Bicos rapaz!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ohma, e ademáis axudar coutras persoas consígano aínda representa maior satisfacción; máis diso a culpa foi de Carmar... :))´
      dl*Ou

      Eliminar

[Ha pasado boedromion: Añade lo que quieras,
cuéntanos y se desovilla si andamos bien de tiempo o nos vemos con calma...si no, no]
Benvido... d: )´


Epílogo bestial:
Gracias a todos por vuestra afabilidad y comentarios