6/11/16

Cálida noche toledana [Me conmueven los marcos que ──de noche── se mueven]


Contos de Noituno e Aleivoso XI: 

[En lingua castelán]



Fundo escuro d´strelas ás que vemos coma recén chegadas
Fundo escuro de conglomerados e mesturas pretas. Tanta é a humidade que na súa absenza obríganos a pensar onde ficarán cando outros días atrás tanta houbese...


Acadamos chegar ao noso destino inmersos nunha circulación paralela, densa e chea que obrigabame a variar de carril segundo que vehículo grande puxésellenos diante; é que istes cando tapan o horizonte vólvense monótonos e aburridos. Mentres tanto, el non paraba de dicir que si saísemos unhas horas despois ganhabamolo en sono. 
Porén a decisión a esta contradición non foi minha. 

Estacionamos apelicados ao acceso dunha nave que polo seu badaleo e cheiro as encerradas balaban amodo e os cans ladraban a súa presenza aínda que comedidos pola nosa indiferenza. Rápidamente captados e postos en aviso cun pátrol trocabanos diálogos de dúbidas e realizadas as presentacións, o de sempre. Nós ao noso apagando o tempo iluminados de ideas lustrosas

Cando retornamos ao luar do empezo, o indicado, aquel xigante desaparecera xa da nosa vista e a visión de Orión prometía probas que escaparónseme horizontalmente nas práticas do novo artiluxio de ferros feito no lar. Made in feito na Casa. 

Antes do amencer voltariamos a este enclave clave da nosa noite toledana

Namentres e pra matar o berminho espertamos nunha fondura negra de contradicións e perplexos atopamos qu´se mar de ocasións anteriores deixábanos fóra de combate mentres as nosas pegadas avantaban por onde outrora reflectíanse os puntos luminosos da noite e a lúa ──cando a houbera ou había──  banhaba o seu limpo escintileo que pousándoo mainamente permitía ver como os seus seres saltaban atopando comida 
Matamos a espera disfrazando o tempo cadavérico que por pasado fica morto, que por transcurso mórrese e as risadas trouxéronnos lembros de conversas a pé de pátrol as cuestións de Maribel...bel e o seu marido...ido. 
Calquera día seica tornamos tomarémonos café con´les e cataremos rexelo asado. Ou lles levamos unhas daguerres. 
Se cadra polo s. Antón...Que é piruleiro 

Dragado o luar que inhantes habitaba, descendemos tanto coma puidemos e chegados a unha fraga pedrosa  ── denantes mergullado── vimos que tales paus sen follas eran defuntos de mastros caídos ou en pé por desequilibrio natural de raíces profundas agora ao descuberto. Tudo ficaba banhado d´entrollo, ludros e plumbizos cores escaralladas só por un esbrancuxado corpo de carpa ou barbo xacendo entre coios

En profundidade ren é máis escuro e mouro que o baleiro e iste o era. La sede de eidos e regos seguramente descomedidos deixaba lagas e corgos de gran profundidade lóxica pois se o freático ficaba tan afastado como é que ista atopabase a nosa beira e rodeándoa mantinha o que estabamos procurando. Un aviso pra non dar paso en falso e non precipitarse polas súas verticais paredes seica fose vivo tragaríanos coma monstruosa gorxa de noite sepulcral


Remate dubidoso escomasí non incerto: 
Deixa cos marcos volten a terra, por si sos á súa posición primitiva e que das tras(n)adas pensen no luar fose cousa de mozas parellas achegadas á tebra daquel cilindro descomunal. 
Lumbalxia trífica de galaxias concorridas pra perpianhos de pesos que ata cento aínda movo; logo, a partir de aí preciso un par de mans máis

*Epígono das pegadas: 
Cadavérico luar macilento que lanzando un berro nin respondeu o eco, nin respondeu o eco, nin respondeu. O ego.
Deixamos aqueles luares entre bancos de néboa e chegando a Parla o horizonte solar da manhá pechaba os ollos do que esta vez non conducindo voltaba máis canso ca eu

Déronme as dez cando estacionei no garaxe e rubín a tomar un almorzo
Puxen unha lavadora e funme a durmir.b:Deíca-r


Nota baixo teito:
*Feito dun trasno.
*Seguindo, do epílogo anterior, súas pegadas


Jason Candler for Guarsh