19/1/15

Conjunción de Saturno-Luna y Sol-Venus la Mariblanca

Los mitos nacen de forma popular y no todas las madrugadas podemos contemplar conjunciones tan completas y singulares. Donde
Saturno acompaña a la Luna Venusla Mariblanca, acompaña al Sol de la Puerta  que como anfitriona los presenta



Vangelis: Albedo 0.39

Peripatético madrugador  platicando solo a la entrada de la plaza
pues no siempre es la luna  llena la que afecta.
[Aquí en castellano]
Deberon pensar os que primitivamente imaxinaron os deuses que algún día confirmaríanse os seus pensamentos esquizoides e esperando diríannos canto desexaban contarnos que o seu inferno existe aínda que os seus devanceiros con mitras e casulas trabucaron onde nun principio situárono. Dende entón enfermaron, e iso contáxiase senón hai remedio ou antídoto. Propágase como a propaganda, validado pleonasmo, dos anuncios do que non semellando bo o sexa por tradición, costume ou falsidades multípleces. Metelo polos ollos é primordial, daquela o tempo xa dirá. Deberon pensar ou pensan os que hoxe preceden que agora se podería escudrinhar un luar mellor pra tan inalcanzábeis entes aos que idolatren e desexan que á forza, ou sen ela, os demais tamén os adouren por riba de tudo; pois non desexan nin permiten que, aínda que aturen de mala ganha que os estados protéxannos, o livre albedrío permítanos someter a vontade á razón e viaxe aos seus olimpos aposentos trala ponte da valhalla achegarnos a eles con telescopios e outros aparellos pra ver (pra (non) crer) que res hai máis aló nin tralo inicio; cando o daquela grande ºexplosión xenuina.

Coma dixo unha tarde un *amigo, encomencemos polo principio. É máis orixinal e xenuino. Semos química, amigo, ( e auga :)))´ dixeron no anuncio de bruce lee) somos produto desa enerxía e cando acábesenos a min deposítasme a extramuros de calquer necrópole, en luar máis que neutro, á marxe de casulas, albas, estolas e doutros paganismos, pra saudar aos cortexos novos e lembrar a propios e estraños que entre choros mancadelos véxame envolto, empático e deixe que pola minha gorxa baixe o sabro amaro da morrinha e a senhardade...doutros.

Deposíteme, non me cremen, nunha aldeia afastada de luces e alumados, fóra dos seus muros, si houbelos, pra non entrar nas sinrazons varias e tómenme por crédulo. Nada máis antes de entrar, onde crezan malvas reais e das outras...tolas ou vulgares...pro longas, fermosas. Onde aínda que me pisen soporte con humor cada pegada desconhecida; pois só desexo ver, espertando cada noite, as estrelas que hai enriba e chéguenme novas de novos achados que outros homes doutos, non coma eu, descobren cada día pra abraio de tudos. E pese a quen pese que tralo principio inicial, como xa dixo o devandito *amigo, non acóchase nin hai E/ente algún que posúa nas súas mans capacidade de procrear semellantes desencadenantes pois o que é imaxinado e, ademais, fóra real, só polo feito de selo xa sería medibel e pra nada mellor que tudo o que podemos ver tralas lentes de anteollos cósmicos seica cada vez máis potentes.
Son as súas inicuas de poder as que os moven a acaparar éticas e outras normas coas que manter o seu poder e dicidir por todos o que uns poden facer e outros non; claro que neles non reza tal máxima e facendo das súas capas saios burlan as súas tentacións ou vicios con confesións altísimas e propósitos de enmendas que aínda que non sexa verdade eles veña e dálle por si algún día tras tudas esas estrelas ou a través de centros ou buracos negros, ata materia escura, descobren que aínda lles queda espranza, a que nunca pérdese, onde achar á tan filosofal pedra das súas esquizofrenias autocomendadoras.

Descobrir o máis fondo eido galáctico é como, tombado boca enriba, apreciar o trapalleiro cheiro do rial do pasado afastado. Incerto futuro que fórmase con cada consecuencia nosa e que dende aquel periplo africán cada día somos máis fillos das estrelas ás que voltamos imaxinativamente en vida ou ao morrer, feitos po.

A min, si pódese, déixenme, pra non importunar con paroladas e rollos aos outros que repousan, fóra...Onde o meu livre albedrío razoe cada noite o que fun deprendendo.
Déixenme ante a tapia por si sacando uns botes dáme por facer un grafiti 
Engaiolante  luar ise núcleo enriba de Orión, arroleiros incluídos. Xa gostaría darme un garbeo, en moto, por il.d:D´


Cielo estelar del sueño de una noche de invierno en un sábado de enero a mitad de madrugada.

 º Big-Bang
*Ou mesmo eu