1/9/17

Dende o lameiro cos pés enchoupados

https://www.flickr.com/photos/124176082@N02/36733032612/in/photostream/






*Cantigas d´rego e lameiro:
Es nas poldras:


Na rega do Chico, da noite
cancha e laxe, na Lama
Nunha baixeira da regueira
das portas pertas d´auga...
Onde, lonxe, os meus  lévanme 
polas minhas maus...de Salaias


En castelán

As curvidades antre os tecidos do espazo-*temporán incitadas por certos lugares, que non lagares, ou pola estrela que xera unhas crais de *pretextos goios gravitatorios, mantenhen aos humáns ancorados á Terra, á súa terra e fai que a Lúa vire ao noso redor namentres nós viaxamos por do Sol.

En casos extremos, cando a concentración formas e cores é máxima, a atracción gravitatoria sería tan funda que nin sequera a luz  ──nin a nosa mirada──  fuxiría baixo o influxo da observación dende calquera punto indefinido da Porta do Atlántico; mal que nos pesen algúns atentados urbanísticos.

E é que na regueira  ──xa o dicíamos por entón── tiraron da rega e mataron algo máis que o tempo.
E é que certas castas e crases todo o castran, ou case, cos seus excesos de luces.
Qu´endexamais nos arreden as noites estreladas, ben sexan polas Ficas, as salgadas insuas por antonomasia, ou neste intre no que me atopo, doce coma vostede...


Figuradamente: 
*Cantigas de regato y prado...despistado
*Alude tamén (na forma) do mundo
coma unha pataca incipiente
^coloridos
Poldras: Caneiros disformes



Sivert Høyem: Sleepwalking Man


https://www.flickr.com/photos/124176082@N02/36733032612/in/photostream/