Con ayuda de Danikxt se pueden conseguir lunas así, revelándose sutilmente...
Contos de Noiturno e Aleivoso IV:
A herba que pisabamos indicaba canto poderiamos estar co material no cumio do lombo; a hora faía companha e prometía tranquilidade pra a proba de lume, a nosa base óptica de propulsión a barullo - con parterre incruído - despegando máis aló da Lúa, ao cinto do cazador. Orbitando ao seu ao redor coma *soneiras atraídas ao brillo gris, rodeámola pra sacar o maior partido da nosa vesita. Tómalas de rigor na súa iluminada ^faciana conduciunos a mirada a Xúpiter do que seriamos expulsados cun tremendo impulso vacando o noso destino remate antes de que a abrentadora humidade fixésese insoportable.
Viaxando pola M-42:
Dous de xaneiro do ano entrante. Que dous.
-"Se logras enfiar Orión o través do obxectivo vendo e tiro con todo, é compricado con tanto lus"
Ansí, con estas parolass comezaba a viaxe, esa procura do inverno sidéreo.
Limpamente travesamos, cara á esquerda, un craroscuro firmamento e arrumbamos entre escagalladas ise imposible espazo pra calquera gamela sideral. Con só pensalo, os dedos, algo xélidos, tomaron a iniciativa cos xiroscopos e envalentonáronse a discreción.
-Dixen con discreción, non a repañota.
-Ah, vale...
O temón dunha man contrallaba á outra que facía das súas un saio; cando vas ao psicotécnico de conducir adoita pasar algo somellante. Dun basoirazo arquexamos a viaxe, comprimíndoo, a mil trescentos anos luz de nós a Cuña-Lanzamento, a ise luar alonxado onde se prasman estrelas, na espadela, dende fai millóns. Que vello sería o que estabamos vendo; aínda non habiamos nado e o que nos chegaba eran ancoradas lembranzas de fotóns vedranhos ensinándonos a súa infancia; coma un coágulo ficado na cachola producindo erros cerebrais ¿En panos estabamos vendo aquilo? Aspero que o lembren mentras moito máis e vexamos a ises astros vedranhos contar sobor as máis novas de prasma o seu reberte xeito de comportarse...
-As mozas do meu tempo eran máis...
-Iguais, avóa Estrela, iguais que as actuais...
Cando as maxistrales explicacións de Dani ficáronse fixadas na miña aprendizaxe, pra entre tomas manexar a volta a casa, o recío espellado tamén fixouse en nós dous e facíanos guiños atmosféricos.
Pechamos os ollos de boi, voltamos e, recollidos os trebexos, descerdida a lomba esperábanos a calore do "*Granhaiga".
Nunhas horas fixemos unha viaxe milenaria con velocidade infinita que, coma sempre, dura pouco e sabe a menos.
[*No bo sentido figurado, moza solteira. Pulilla]
[^Ou xarabeada, polas manchas que ten a Lúa]