24/2/17

Flotamos mais acó ──do horror── d´Orión [Vía Láctea d´inverno sobor plutón carpetán...]

Nº 4096-0






Nº7332
Empenha que é cinza
Flotando de horror máis acó de Orión, empénhase que é cinza; empánase que é rocío. Despénhase que é polución noitebra…lumínica 

A humidade do caminho recondúceme a isto e as ras de compasados croacs acompánhanme namentres estas horas. Elas non migran, andan espertando ao cío porque estas temperaturas mantenas activas...
...E pregúntome seica unhas ancas non viríanme mal pra a cea ou pra caminhar máis lixeiro 

Contos sen Noiturno e Aleivoso IV 

Si, isto que contemplo amplamente ten algo, ou ren, de experimental arquitectónica. Secasí en verdade que a soidade que sobrecólleme ──desparece baixo a presenza de tanta estrela── e o meu conhecemento craro e reflexivo desta realidade fáilleme habitable e voo sen ás riba das copas das árbores, entre os graníticos bolos máis pretos, baixo un ceo sempre cambiante, oxixenado e altamente contaminado por luces d´artificio humano.
Mágoa que os televexos e outros aparellos domésticos róubennos tanto tempo que impiden a moitos estar eiquí nesta realidade.
Mágoa tamén que a noite longa e curta á vez sexa quen outorgándome outras pezas minimalistas abertas a minha beira, quédome con esta polo convencional. Cando a bisbarra poderíame agasallar tantas elaboracións singulares coma tempo adicado non tenho.

Flotando case ao mesmo tempo nesta mar de horizóns infinitos e no espazo sen lindes, cardinás, abraio tudo ao meu redor.
Flotando tamén baixo a avelaínha rosada da noitada que mira á paisaxe, tralo baleiro sideral dunhas noites climatizadas pola ausenza de vento que lexitiman o noso humanismo máis acó de Orión

Recollín os avenhos e funme...

 ...Terrible contaminación lumínica, polución noitebra...


Madrugada: Vocal



¿E logo, xa vai finando a entroida...?