Contos sen Noiturno e Aleivoso III
Cheguei á cima nunha volta de man e realicei moi xusto de tempo unhas daguerres ao sol gorencéndose entre imprevisíbeis nubres mestura de area e humidade dunha recente tormenta.Saíu a lúa.
Fotografeina pra documentarme e descendín, pois o vento frío entanguecía por entre os meus dedos.
A media aba parei e a fixen así, deste xeito, con esas ganas de ver o que ven ámboslos ollos, en estéreo polo murmurio do vento. Un incipiente arco intúese temesinho á dereita das árbores protagonistas; mais só iso, apoucado indalo.
Só co foco frontal a medio gas cheguei ao clareiro de enormes laxes grises onde celebran os festexos e moi xusto a tempo montei a saca das vistas sobor o tripié. Ata rubín a unhas lastras pra buscala aos pés do cume. Ren coma as novísmas camp four pra intres de crítica adherencia sen fallo e estadía mais ou menos pendurada; coma se tivese por pés tractores. Así estiven cautelosamente anacoreto dunha beira a outra seguindo o seu percorrido pola capuchina rocha e as árbores cimeiras que afastándose desta acarínhana desexando rozala pra aferrala e deixala queda...nas pólas.
Ás nove e media cheguei onde as luces do valado cámping que cos seus luminosos grobos contaminantes asemellan bastamente a esta única lúa chea neste mes de febreiro.
E saín d´alí a fume de carozo tal coma vin, coma unha bala...
Ás dez e vinte na casa. d:D´
Contos no *estrapelro VII
Cantigas d´amar tranquila.
Cantigas d´amar tranquila.
...Eu conhezo (unha) mar...
O Mar da Tranquilidade móstrase perplexo que sabéndoo cústalle crelo pois fican en tudos lados e por onde van deixan pegada que xa Chumi-Chúmez deles predixo:
──Sonche potencia dunha terra aqueles que a poboan. ──Ao mollo con eles
Parola que escribireille cando asuma a súa significación e zambúllame nelas coma somerxinme nesa; no seu mar mergullado nadar entre oucas e corales de pracer buscándoa no fundo de todo furaco de Selene...
É coma unha marola (e de *olá) de azucre que sala o corpo abrollando borbullantes borbotós de sorrisos...
Foi o home á lúa e, pra algúns, conto luático coutros estivemos na mesma polo xaneiro a finais...e aínda non dixéronme ren...:))´...d:D´

Pois entón, deica d:´
Sixto Rodríguez: Crucify your mind
[*Imprevisíbel nubre de procedencia africana que estableceuse istes días sobor a península velando os ceos nidios poucos días antes. Unha migración sen fronteiras]
Sixto Rodríguez: Sugar Man