26/2/16

Única lúa chea de febreiro co tempo axustado por unha *película de terror africano







Contos sen Noiturno e Aleivoso III
Cheguei á cima nunha volta de man e realicei moi xusto de tempo unhas daguerres ao sol gorencéndose entre imprevisíbeis nubres mestura de area e humidade dunha recente tormenta.
Saíu a lúa.
Fotografeina pra documentarme e descendín, pois o vento frío entanguecía por entre os meus dedos.

A media aba parei e a fixen así, deste xeito, con esas ganas de ver o que ven ámboslos ollos, en estéreo polo murmurio do vento. Un incipiente arco intúese temesinho á dereita das árbores protagonistas; mais só iso, apoucado indalo.

Só co foco frontal a medio gas cheguei ao clareiro de enormes laxes grises onde celebran os festexos e moi xusto a tempo montei a saca das vistas sobor o tripié. Ata rubín a unhas lastras pra buscala aos pés do cume. Ren coma as novísmas camp four pra intres de crítica adherencia sen fallo e estadía mais ou menos pendurada; coma se tivese por pés tractores. Así estiven cautelosamente anacoreto dunha beira a outra seguindo o seu percorrido pola capuchina rocha e as árbores cimeiras que afastándose desta acarínhana desexando rozala pra aferrala e deixala queda...nas pólas.

Ás nove e media cheguei onde as luces do valado cámping que cos seus luminosos grobos contaminantes asemellan bastamente a esta única lúa chea neste mes de febreiro.

E saín d´alí a fume de carozo tal coma vin, coma unha bala...
Ás dez e vinte na casad:D´



Contos no *estrapelro VII
Cantigas d´amar tranquila.

...Eu conhezo (unha) mar...
Mar da Tranquilidade móstrase perplexo que sabéndoo cústalle crelo pois fican en tudos lados e por onde van deixan pegada que xa Chumi-Chúmez deles predixo:

──Sonche potencia dunha terra aqueles que a poboan. ──Ao mollo con eles

Parola que escribireille cando asuma a súa significación e zambúllame nelas coma somerxinme nesa; no seu mar mergullado nadar entre oucas e corales de pracer buscándoa no fundo de todo furaco de Selene...
É coma unha marola (e de *olá) de azucre que sala o corpo abrollando borbullantes borbotós de sorrisos...

Foi o home á lúa e, pra algúns, conto luático coutros estivemos na mesma polo xaneiro a finais...e aínda non dixéronme ren...:))´...d:D´

Pois entón,  deica    d:´





Sixto Rodríguez: Crucify your mind


[*Imprevisíbel nubre de procedencia africana que estableceuse istes días sobor a península velando os ceos nidios poucos días antes. Unha migración sen fronteiras]
[*Estrapelro, metátesis de estraperlo]






Sixto Rodríguez: Sugar Man