20/4/12

DesConexión nuclear


[Exterior: 70x50.En el cartapacio verde se encontraba sumergida bajo láminas de corales de blancas celulosas y sepias. A veces me pregunto como respiraba]


 Non era fácil adourar entón. A ceibedade que tiña estaba condicionada por motivos endóxenos, aínda que parecese esóxena. Ou sería visversa?. Mais tiñas algo nefasto que acabou con ela, sempre o houbo. Algo que ía máis aló da miña comprensión pra expricalo. Esa intuición conducíame a afastarme, ás veces moito.
Era fácil adourar os mutuos acordos polos que vimos caer outros muros outos, e mentres, eu subía escaleiras. A conexión tanxible desaparecía ao estar sometido a determinados e escasos intres ceibes.
Era fácil adourar a quen viñan comigo mentres os seus donos vían o fútbol acompanados de estraños e amigos. Coma nun harén, máis dunha vez, atopeime eu recolleito tomando a tempo o que os outros habían por horas querido As condicións sometidas por homes do mañá non ían comigo. Palurdos escuros que non entendían cales eran os meus camiños nos que seguir aos poucos afastándome contigo. As parolas sempre foron amargas e posesivas, eran de inxustiza. Os feitos, os meus eran verdadeiros e adecuados e coitados, represos. Nunca houbo liberto maior que aquel que amou con cortesía valente a tantas e tantas frías rocas da campiña, da meseta, da montana. A tanta chaira.
 Agora despexado de todo e algo dolorido esperto a un novo horizonte de confusións próximas ao esquecemento.bd.



[La traducción, en los comentarios, con los típicos localismos y otras formas]d:D´
Pink Floyd: Echoes(Live At Pompeii)